Invadidos por troianos


Un troiano anda pola rede do centro dando máis que un quebradeiro de cabeza.

Os troianos son un tipo de virus que se propagan a través dunha imaxe, música, un arquivo adxunto dun correo electrónico ou calquera outro elemento de apariencia inocente que baixemos da rede e que se instala no momento en que executamos o arquivo. Habitualmente este tipo de virus emprégase para espiar, con un troiano pódennse obter por exemplo contrasinais de acceso ao correo electrónica ou á banca online.

O termo "troiano" está inspirado na estratexia empregada polos gregos na batalla de Troia. Os gregos lograron entrar na cidade de Troia grazas a un gran cabalo de madeira con que agasallaron aos troianos. O que os troianos non sabían nin podían imaxinar é que dentro deste cabalo ían ocultos guerreiros gregos...(se queres continuar coa historia)
NON TE ESQUEZAS DE ACTUALIZAR O ANTIVIRUS E ANALIZAR O TEU COMPUTADOR!