Materiais á vosa disposición

Tedes á vosa disposición o seguinte material:
  • para o alumnado de 2º ESO: presentación do tema de electricidade
  • para o alumnado de 3º ESO: presentación do tema de electricidade rematada e correxida
  • para o alumnado de informática de 4º ESO: presentación do tema de sistemas operativos

Material de Tecnoloxía para 3º ESO

Xa tedes colgado no apartado de descargas a presentación do tema de mecanisos. Se preferides tamén podedes pasarvos pola fotocopiadora do centro para facervos unha copia en papel.
Moito do material que veredes na presentación está recollido das páxinas web que vos indico a continuación e que vos recomendo visitedes todos:

Actualización do antivirus

Neste videotutorial poderedes ver paso a paso como se poden modificar os parámetros para a actualización automática do antivirus.

Exames de Xuño para 3º ESO

A continuación tedes as datas nas que se celebrarán os exames que restan de curso.

PARA O ALUMNADO DE 3º ESO A
  • Exame electrónica día 16 de Xuño
  • Exames de recuperación 18 de Xuño

PARA O ALUMNADO DE 3º ESO B e C

  • Exame electrónica día 9 de Xuño
  • Exame de recuperación: 15 de Xuño

Taller de Tecnoloxía

A vindeira semana temos que rematar cos proxectos de 2º ESO. Para todos aqueles que queirade vir no recreo a rematalo e facer pequenas melloras, o taller permanecerá aberto os días:
  • Martes 2, Mércores 3 e Xoves 4 no primeiro recreo

Recordatorio exames

O alumnado de tecnoloxía tedes ao longo da vindeira semana exames, lémbrovos as datas e os contidos que entran para que ninguén se despiste:


  • 2º ESO C: luns día 25, exame de informática (o ordenador e os seus periféricos
  • 2º ESO D: martes día 26, exame de informática (o ordenador e os seus periféricos)
  • 3º ESO A: martes día 26 exame electrónica
  • 3º ESO B: luns día 25 exame electrónica
  • 3º ESO C: luns día 25 exame elctrónica

Material de 2º e 3º ESO



Tedes no servidor do centro, as presentacións dos temas de informática de 2º ESO e de electrónica de 3º ESO.
Tamén a podedes atopar na zona de descargas deste blog.

As posibilidades do Gimp


Estamos empezando a traballar co Gimp e as posibilidades do programa son moitas, sempre que saibamos traballar coas ferramentas e teñamos "un pouco" de arte.
Botádelle unha ollada a este video
Tedes colgada na páxina moodle do centro o material do curso

Un reto para o alumnado de 3º ESO


Seríades capaces de facer unha aproximación ao recibo da luz do Instituto?
Para os que vos animedes aquí tedes uns datos que vos farán falla:
Potencia das lámpadas incandescentes 25W
prezo do KWh 0,112€
Facturación por potencia 78,99€
Aluguer do computador 11,85€
IVE a aplicar 16%
A todos aqueles que vos aproximedes ao importe total do recibo teredes unha bonificación a modo de nota

4ºESO informática


Para todos aqueles que esteades interesados en realizar unha práctica de Writer de repaso, podedes descargala no curso Moodle Tecnoloxía Informática 08.
Podedes acceder a el premendo nesta ligazón

Premio Dardos



Dende o Blog da miña querida compañeira Teresa Mancebo, chegoume este premio Dardos que ten as seguintes características e regras:

«Con el Premio Dardos se reconocen los valores que cada blogger emplea al transmitirlos como culturales, éticos, literarios, personales, etc., que, en suma, demuestran su creatividad a través del pensamiento vivo que está y permanece intacto entre sus letras, entre sus palabras. Esos sellos se crearon con la intención de promover la confraternización entre los bloggers, una forma de demostrar cariño y reconocimiento por un trabajo que añada valor a la Web.

Las reglas del meme son:

1) Mostrar la imagen del sello;
2) Enlazar al blog a través del cual se recibió la notificación;
3) Escoger otros blogs a quien entregar el Premio Dardos.»

Os meus premiados son:
-VivaZapata: blog do incansable productor Xosé Zapata onde se analiza a situación do audiovisual galego.
- e como non, Desbarradas de Akin, quen a forza de tanto desbarrar e de tanto tiro ao arco fixeron diana no seu blog.

Mobiliario e xoguetes de cartón?


Pois parece ser que sí! Visitade esta páxina e veredes como se poden construír mobles resistentes cun material que moitos de nós non imaxinaríamos nunca, o cartón.
Para os que sexades capaces de traerme feito o exemplo que se propón na páxina para iniciarvos neste apasionante mundo das estruturas, agárdavos unha sorpresa.

2º ESO: estruturas


"... as estruturas están tan implicadas nas nosas vidas e de tantas formas distintas que realmente non podemos permitirnos ignoralas: despois de todo as plantas, todos os animais e case todo o que fabrica o home debe soportar maiores ou menores forzas estáticas sen romperse, e polo tanto calquera cousa pode ser unha estrutura dunha clase ou outra."
J.E.Gordon "Estruturas ou por que as cousas non se caen"

Podedes descargar a presentación do tema e o cuestionario para o proxecto dende este blog ou en aulateca.

Alumando 3º ESO

Lembrade que tedes que traer rematados os exercicios do boletín número 1 de instalacións.
Por se queredes repasar algo sobre o tema aquí tedes unha ligazón onde podedes consultar distintos elementos das instalacións eléctricas: http://ficus.pntic.mec.es/~mbuc0003/cgmp.php

Escoller unha gama de cores



Queres cambiar a apariencia dunha plantilla cambiándolle as cores?

Moitas veces buscar unha gama de cores axeitada da máis dun problema e resta moito tempo, ColourJack é unha aplicación que vos permitirá crear unha gama de cores a partir dun dado ou escoller entre moitas das gamas xa feitas

Tarefas para 3º ESO


As tarefas para a vindeira semana son as seguintes:
3º ESO A para o día 3 de Febreiro, exercicios 5 (todos os apartados menos o b) e 6
3º ESO B e 3º ESO C para o día 2 de Febreiro, exercicios 5 (todos os apartados menos o b) e 6

2º ESO: electricidade

Estamos chegando ao final da unidade. Se alguén quere realizar algún exercicio a maiores aquí tedes unha ligazón para practicar a resolución de circuitos: Exercicios Lei de Ohm

Lémbrovos as datas do exame e as tarefas pendentes para a videira semana:

Tarefas pendentes:
2º C luns día 26 exercicio 19 boletín 2
2º D martes día 27 exercicio 19 boletín 2

Datas exames:
2º C luns día 2 de Febreiro
2º D martes día 3 de Febreiro

3º ESO: Instalacións eléctricas

Comezamos tema novo!
Ao longo desta unidade veremos como son as instalacións eléctricas da nosa casa e realizaremos varias prácticas de montaxe de circuítos con compoñentes reais.

Tedes o material colgado na rede do centro e os que o desexedes podedes solicitar o material impreso en conserxería.

Tarefas a entregar:
-3º A martes día 27 exercicios 1, 2, 3, 4 boletín 1
-3º B luns día 26 exercicios 1,2, 3, 4 boletín 1
-3º C luns día 26 exercicios 1, 2, 3, 4 boletín 1