4ºESO informática


Para todos aqueles que esteades interesados en realizar unha práctica de Writer de repaso, podedes descargala no curso Moodle Tecnoloxía Informática 08.
Podedes acceder a el premendo nesta ligazón

Premio Dardos



Dende o Blog da miña querida compañeira Teresa Mancebo, chegoume este premio Dardos que ten as seguintes características e regras:

«Con el Premio Dardos se reconocen los valores que cada blogger emplea al transmitirlos como culturales, éticos, literarios, personales, etc., que, en suma, demuestran su creatividad a través del pensamiento vivo que está y permanece intacto entre sus letras, entre sus palabras. Esos sellos se crearon con la intención de promover la confraternización entre los bloggers, una forma de demostrar cariño y reconocimiento por un trabajo que añada valor a la Web.

Las reglas del meme son:

1) Mostrar la imagen del sello;
2) Enlazar al blog a través del cual se recibió la notificación;
3) Escoger otros blogs a quien entregar el Premio Dardos.»

Os meus premiados son:
-VivaZapata: blog do incansable productor Xosé Zapata onde se analiza a situación do audiovisual galego.
- e como non, Desbarradas de Akin, quen a forza de tanto desbarrar e de tanto tiro ao arco fixeron diana no seu blog.

Mobiliario e xoguetes de cartón?


Pois parece ser que sí! Visitade esta páxina e veredes como se poden construír mobles resistentes cun material que moitos de nós non imaxinaríamos nunca, o cartón.
Para os que sexades capaces de traerme feito o exemplo que se propón na páxina para iniciarvos neste apasionante mundo das estruturas, agárdavos unha sorpresa.

2º ESO: estruturas


"... as estruturas están tan implicadas nas nosas vidas e de tantas formas distintas que realmente non podemos permitirnos ignoralas: despois de todo as plantas, todos os animais e case todo o que fabrica o home debe soportar maiores ou menores forzas estáticas sen romperse, e polo tanto calquera cousa pode ser unha estrutura dunha clase ou outra."
J.E.Gordon "Estruturas ou por que as cousas non se caen"

Podedes descargar a presentación do tema e o cuestionario para o proxecto dende este blog ou en aulateca.

Alumando 3º ESO

Lembrade que tedes que traer rematados os exercicios do boletín número 1 de instalacións.
Por se queredes repasar algo sobre o tema aquí tedes unha ligazón onde podedes consultar distintos elementos das instalacións eléctricas: http://ficus.pntic.mec.es/~mbuc0003/cgmp.php