Horario do taller nos recreos

O horario de apertura do taller 2 de tecnoloxía durante os recreos é o seguinte:

Luns 13 de 12:20 a 12:40
Mércores 15 de 12:20 a 12:40
Xoves 16 de 10:20 a 10:40

Boletín de repaso para 3º ESO

Para o alumnado de 3º ESO.
Xa tedes colgado no apartado de descargas o boletín de repaso. Lembrade que tedes ata o venres día 17 para entregalo ou por correo electrónico ou en formato papel.
dirección de correo electrónico para o envio de exercicios: exerciciosies@gmail.com

Open Office


Para o alumnado de informática.
Comezamos hoxe co repaso de Open Office Writer, e para ver que tal vos desenvolvedes co programa tedes no apartado de descargas unha proba que teredes que realizar durante a clase e enviarma a miña dirección de correo.

Material para 2º ESO


Comezamos co tema de electricidade e xa tedes colgados no blog a presentación e o primeiro boletín de exercicios.

Software libre

Aquí tedes a dirección duns artigos moi interesantes sobre o software libre, espero que vos sexan útiles:
-licenzas libres de software (I)
-Licenzas libres de software (II)
-Software libre ¿Por qué debería importarme?

Computer Hope

Este é o nome dunha páxina web que naceu coa boa intención de dar soporte técnico gratuíto a todos os usuarios informáticos.
Para os alumnos de informática tamén podedes atopar todos os comandos de MS-DOS e unha completa explicación dos mesmos.

Efervesciencia


O sábado pasado comezou a nova tempada do programa radiofónico EFERVESCIENCIA.

Dose de ciencia sen contraindicacións. Na radio galega os sábados ás 16:05

Material 3º ESO

Para ir comezando e que poidades consultar o material dende casa tedes colgada no blog a presentación do primeiro tema do curso: mecanismos.



Se queredes o material impreso podedes pasar pola consexería do centro e realizar fotocopias.

Comezamos o curso


Xa estamos novamente aquí, nun novo curso espero que cheo de espectativas e ilusións.
Benvidos a todos.

Some exercises about electricity


You can find in "Descargas" some exercises to check your knowledge about electricity.
Try to do them!