4º ESO: TRANSISTORES

Tedes a continuación o boletín de exercicios para traballar cos transistores. Premede na imaxe para a súa descarga.

2º ESO: ELECTRICIDADE

Tedes a continuación a ligazón ao novo boletín de exercicios do tema de electricidade. Xa sabedes que tamén o podedes obter na bedelería do centro.
-ligazón ao boletín 1 de electricidade.

3º ESO: MECANISMOS (II)

Continuando co tema de mecanismos deíxovos aquí as ligazóns a presentación do seguinte tema e ao boletín de exercicios. Para non perder o costume tamén podedes conseguir estes apuntes na bedelería do centro.
-Ligazón aos apuntes do tema
-Ligazón aos exercicios do tema

4º ESO: EXERCICIOS SOBRE RELÉS


Preme na imaxe para descargar o boletín de exercicios que realizaremos hoxe na aula de informática e que nos axudarán a entender o funcionamento dos relés.

2ºESO: INFORMÁTICA

Comezamos cos temas relacionados coa informática propiamente ditos e o primeiro de nada será facer uns pequenos exercicios de manexo básico do escritorio de traballo.
Preme aquí para descargar o boletín de exercicios.

SCREENHUNTER

O Screen Hunter é un capturador de pantalla moi útil, permíteche capturar a pantalla completa ou a selección da pantalla que ti desexes, gardar a captura automáticamente ou deixala no portapapeis ata que a precises.
O alumndo de 2ºESO empregarédela moito ao longo da primeira unidade de informática para facer os exercicios. Preme aquí ou sobre a imaxe para a súa descarga.





3º ESO: MÁQUINAS E MECANISMOS

Tedes a continuación á ligazón a unha páxina onde podedes repasar e practicar exercicios con mecanismos e máquinas simples que estamos a estudar na aula. Preme na imaxe para ir á ligazón


3º ESO: PRESENTACIÓN MECANISMOS

Aquí vos deixo ás ligazóns á presentación de mecanismos coa que estivemos traballando na clase e un boletín de exercicios de repaso de todo o tema.
Para os que o prefirades podedes coller unha copia na bedelería do centro.
-Ligazón á presentación de mecanismos.
-Ligazón ao boletín de exercicios.

4º ESO: EXERCICIOS ELECTRÓNICA

Para o alumnado de 4º ESO, xa tedes á vosa disposición o primeiro boletín de exercicios de electrónica analóxica. Preme na imaxe para acceder ao boletín.

ALTERNADORES E DINAMOS

No seguinte video podes observar as diferenzas existentes entre un alternador e unha dinamo para crear corrente eléctrica.

Preme na imaxe para ver o video



ACTIVIDADE SOBRE FERRAMENTAS 2º ESO

No taller temos multitude de ferramentas que teremos que aprender a usar, o primeiro paso é saber como se chaman e a súa función. A continuación tes unha actividade na que podes empezar a practica.

-INSTRUCCIÓNS


  1. Preme na imaxe para ir á ligazón.

  2. Escolle a segunda opción "verlo (applet)" que aparace no recadro naranxa

  3. A actividade comenzará ao cabo duns segundos.


BENVIDOS




Ola a todos:
Este blog de tecnoloxía está en etapa de cambio, pouco a pouco pero sen pausa veredes como se vai modificando, espero que chegue a servos de utilidade
Un saúdo a todos
Ana

Electricidade 3º ESO


Comezamos co tema de electricidade .
Tedes no apartado de descargas a presentación coa teoría do tema e o boletín inicial de repaso para descargar.

Unidade da madeira 2º ESO


Este ano recién estreado, celebramos o ano internacional dos bosques, polo que aproveitaremos a unidade da madeira para dar un repaso á situación actual dos nosos bosques.
Tedes no apartado de descarga a presentación da unidade.