2º ESO: POR FIN O PROXECTO!!!

Por fin comezamos coa realización do primeiro proxecto e non será outra cousa que a construcción DUN PINBALL MECÁNICO!!! Déixovos a continuación unhas ligazóns para que poidades ver o seu funcionamento e poidades tomar algunha idea para o voso proxecto.

2º ESO: datas exames

Déixovos un breve recordatorio coas datas propostas para o exame do tema de materiais:
  • 2 ESO A: xoves día 15 de novembro
  • 2º ESO B: martes día 20 de novembro
  • 2º ESO BD: martes día 20 de novembro

3º PDC: folla de cálculo

Tedes ao final desta entrada unha ligazón para que descarguedes unha práctica de repaso de todo o que levamos visto da folla de cálculo.
-ligazón ao documento

2º ESO: Os materiais

Rematamos o tema de materiais e para os que queirades repasar un pouquiño na casa déixovos dúas ligazóns, unha para realizar actividades empregando o programa JClic e outra para realizar un test online.
  • Preme na imaxe que tes a continuación para acceder á actividade de Jclic. 
.

4º ESO: presentación tema sistemas operativos

Déixovos a continuación unha ligazón dende a que podedes descargar o pdf da presentación empregada en clase para explciar os sistemas operativos.
-ligazón ao documento

2º ESO: Actividade voluntaria para o día de lectura

Descargade aquí o documento de traballo para todos os que queirades realiar esta actividade sobre a lectura proposta.
-descargar o documento

Día de lectura

Hoxe é o día que adicaremos á lectura, para os que non trouxéstedes libro podedes consultar esta ligazón onde se nos fala sobre o Coltán que aínda que non o saibades ten moito que ver coa informática.
-ligazón ao artigo

4º ESO: actividades venres 19 Outubro

Preme na seguinte ligazón para descargar as actividades para realizar hoxe na aula de informática:
-ligazón á actividade

TIC: MINIATURIZACIÓN DOS ORDENADORES

Aproveitando que estamos a falar sobre o hardware e que vimos estes días o funcionamento dos distimtos dispositivos de memoria déixovos unha ligazón moi interesante ao respecto, o documento foi elaborado polo Instituto de Ciencias dos Materiais de Aragón.
Preme na imaxe para descargar o documento.

4ºESO: práctica 2

Seguimos traballando en modo comandos e agora pasamos a editar un texto como se facía antaño... Preme na ligazón inferior para descargar as instruccións da práctica
-descargar a práctica 2

TIC: actividade 3

Tedes na seguinte ligazón as instruccións para a realización da actividade número 3 do tema de hardware.
-ligazón á actividade

4º ESO: práctica 1

Tedes a continuación a ligazón ás instrucción para a realización da primeira práctica.
-descargar as instruccións.

TIC: actividade 2

Déixovos a continuación a ligazón para que descarguedes a guía para rematar de realizar os apuntes do  tema de hardware. Data de remate da actividade: luns 1 de Outubro
-ligazón ao documento.

2ºESO: actividade informática

Comezamos na aula de informática vendo cales son os compoñentes básicos dun ordenador. Para que vaiades practicando a diferenza entre hardware e software aquí tedes unha actividade en JClic, só teredes que premer na imaxe para acceder á ligazón pero antes de acceder lee detidamente ás instrucción que tedes ao final da entrada.



Sempre que vaiades a ver algunha actividade tipo clic tedes dúas opcións para realizalas:
  • verlo (applet): permíteche realizar a actividade sen necesidade de descargala no ordenador.
  • instalalo en el ordenador: terás que descargar a actividade e despois facer a instalación.

TIC: Actividade inicial

Comezamos tal e como estaba na programación repasando o tema de hardware e software, ao final desta entrada tedes á ligazón que vos permitirá descargar as instruccións para a actividade inicial.
Descarga aquí a actividade inicial

BENVIDA

Comezamos novo curso e retomamos a actividade nesta bitácora así que benvidos a todos de novo e sobre todo ao alumnado do IES Xelmírez II

2º ESO: FOTOS PARA O PROXECTO

Para todos aqueles que tedes problemas para descargar as fotos do proxecto, tedes a continuación varias que tomei eu nunha visita ao museo para ver ás pezas a restaurar. Se as precisades as podedes copiar de aquí.
Cabria:


Grúa:

2 ESO: BLOGS ALUMNADO

O alumnado de 2º ESO está a realizar un blog sobre o seu proxecto fin de curso, se queredes acceder a eles tedes ás ligazós na páxina web do IES Xelmírez I. Se queredes acceder directamente premede na ligazón que tedes a continuación.
-Ligazón aos blogs creados polo alumnado de 2º ESO do IES Xelmírez I

2º ESO: MECANISMOS

Premendo na imaxe accederes a unha páxina web da "Junta de Andalucía" onde se explican moi claramente con exemplos e animacións os macanismos e máquinas simples que daremos en clase.

2º ESO: PROXECTO

Tedes a continuación a ligazón ao cuestionario do proxecto de final de curso. Nel atoparedes as imaxes das pezas do museo que intentaremos recuperar.
-ligazón ao cuestinario en pdf

4º ESO: NEUMÁTICA

Tedes aquí a ligazón ao último boletín de pneumática e de repaso antes do exame.
-ligazón ao boletín

4ºESO: PRESENTACIÓN PNEUMÁTICA

Tal e como me solicitáchedes tedes colgada na seguinte ligazón a presentación empregada para explicar o tema de pneumática.
-Ligazón á presentación de pneumática en pdf

2ºESO: ESTRUCTURAS


Tedes nesta ligazón o boletín de exercicios para o tema de estructuras, se queredes o podedes descargar ou recollelo na bedelería.

4º ESO: PNEUMÁTICA


Na ligazón da imaxe superior podedes ver un vídeo onde se explica claramente como hai que realizar un circuíto pneumático e como se nomean os elementos do circuíto. Unha vez visto podedes pasar a realizar os exercicios que tedes neste boletín.

2º ESO: DESEÑO ASISTIDO POR ORDENADOR

Comezamos tema novo na parte de informática centrándonos agora no debuxo e o deseño pero seguindo co noso paquete de OpenOffice.
Antes de proceder ao deseño do proxecto empezaremos familiarizándonos un pouco con draw de OpenOffice, para elo descarga esta actividade para facer na clase.

4º ESO: NEUMÁTICA

Empezamos o traballo con neumática e para que vaiades entrando en materia accedede a esta ligazón onde poderedes consultar esta excelente presentación sobre o tema elaborada por Pilar Latorre.
Descargade aquí o boletín de exercicios de introducción á neumática.

PORTO PARALELO

Aquí tedes o cuestionario para realizar sobre como utilizar o porto paralelo para facer un circuito de control programado.
-descargar documento

MATERIAIS

Comezamos o tema de materiais, no documento que vos deixo na seguinte ligazón podesdes consultar varias páxinas de internet para facer o voso traballo. Espero vos sexan de utilidade.
-preme aquí para descargar o documento

3º ESO: ELECTRICIDADE

Comezamos co tema de electricidade, déixovos un boletín de exercicios para que vaiades practicando a aplicación da lei de Ohm e a resolución de circuítos en serie e paralelo.
-Ligazón para descargar o boletín

4º ESO: ELECTRÓNICA DIXITAL

Tedes na seguinte ligazón unhas prácticas de electrónica dixital. Tedes a sesión de hoxe para facelas de forma individual.
-ligazón ao documento de prácticas en pdf.

2º ESO: ELECTRICIDADE

Tedes a continuación a ligazón para descargar o terceiro boletín de exercicios sobre electricidade, nel repasaremos exercicios sobre a lei de Ohm e circuítos en serie e paralelo.
Tamén podedes fotocopiar o boletín en bedelería.
-Para descargar o boletín premer aquí.

2º ESO: INFORMÁTICA

Continuamos co writer, neste caso reforzando o que coñecemos sobre como darlle formato a un texto.
Premede na imaxe que tedes a continuación para descargar o arquivo coas instruccións da seguinte actividade.

4º ESO: CIRCUITOS INTEGRADOS (II)

Resulta un pouco complicado atopar unha páxina onde se describa con tanta facilidade en que consisten os circuítos integrados e os seus procedementos de fabricación, a páxina de Angelfire parece habelo conseguido.
-Preme aquí para acceder á ligazón.

4º ESO: CIRCUÍTOS INTEGRADOS

Retomamos o curso facendo un traballos sobre circuítos integrados. Premede na imaxe para descargar o documento coas intruccións para realizar o traballo.

2º ESO: INFORMÁTICA


Retomamos o curso e comezamos co tema do procesador de texto. Ao longo destas semanas veremos como editar un texto, traballar con imaxes e táboas co procesador de textos de OpenOffice, o WRITER.
-preme aquí para descargar a actividade 1