3º ESO: ELECTRICIDADE

Comezamos co tema de electricidade, déixovos un boletín de exercicios para que vaiades practicando a aplicación da lei de Ohm e a resolución de circuítos en serie e paralelo.
-Ligazón para descargar o boletín

4º ESO: ELECTRÓNICA DIXITAL

Tedes na seguinte ligazón unhas prácticas de electrónica dixital. Tedes a sesión de hoxe para facelas de forma individual.
-ligazón ao documento de prácticas en pdf.

2º ESO: ELECTRICIDADE

Tedes a continuación a ligazón para descargar o terceiro boletín de exercicios sobre electricidade, nel repasaremos exercicios sobre a lei de Ohm e circuítos en serie e paralelo.
Tamén podedes fotocopiar o boletín en bedelería.
-Para descargar o boletín premer aquí.

2º ESO: INFORMÁTICA

Continuamos co writer, neste caso reforzando o que coñecemos sobre como darlle formato a un texto.
Premede na imaxe que tedes a continuación para descargar o arquivo coas instruccións da seguinte actividade.

4º ESO: CIRCUITOS INTEGRADOS (II)

Resulta un pouco complicado atopar unha páxina onde se describa con tanta facilidade en que consisten os circuítos integrados e os seus procedementos de fabricación, a páxina de Angelfire parece habelo conseguido.
-Preme aquí para acceder á ligazón.

4º ESO: CIRCUÍTOS INTEGRADOS

Retomamos o curso facendo un traballos sobre circuítos integrados. Premede na imaxe para descargar o documento coas intruccións para realizar o traballo.

2º ESO: INFORMÁTICA


Retomamos o curso e comezamos co tema do procesador de texto. Ao longo destas semanas veremos como editar un texto, traballar con imaxes e táboas co procesador de textos de OpenOffice, o WRITER.
-preme aquí para descargar a actividade 1