Motor de explosion

Tedes a continuación un video sobre os motores de explosión, é moi claro no sentido de que que ven moi ben cada unha das pezas das que consta o motor, como están colocadas e finalmente o funcionamento do motor.

Exercicios sobre mecanismos

Premendo na imaxe que tedes a continuación accederes a unha serie de exercicios sobre mecanismos.

Test sobre acotación

Se queredes practicar as normas de acoutacións tedes aquí unha ligazón na que poderedes facer un test online bastante completo.
-Acceso ao test online1
-Acceso a actividades de acoutación

Datas examen de debuxo

Rematado o tema de debuxo déixovos a continuación  as datas dos controis:
  • 2º ESO A: o mércores 3 de abril
  • 2º ESO B: o  xoves 21 de marzo
  • 2º ESI BD: o venress 22 de marzo

EXAMES TEMA DE METAIS

Rematado xa o tema de metais toca facer un control de TODO o tema. A continuación tedes as datas dos exames para que ninguén se despiste:
  • 2º ESO A: mércores 27 de febreiro
  • 2º ESO B: xoves 28 de febreiro
  • 2º ESO BD: venres 1 de marzo:

Máis sobre metais

Para todos aqueles que queirades revisar os vosos coñecementos sobre o tema de metais, tedes abaixo unha ligazón que vos levará a unha páxina onde poderedes facer unhas actividades online. Tentádeo!
-Ligazón ás actividades

Video sobre o aceiro


Aquí tedes un vídeo que explica a evolución da producción do aceiro e o seu impacto na economía e no desenrolo dos países ao longo da historia. Moi interesante.


Exames para o alumnado de 2º ESO

Entrados xa en materia e para evitar agobios excesivos imos facer un pequeno control sobre os metais no que entrará a primeira parte do tema: os metais, a súa obtencións, tipos de metais ferrosos (ferro, aceiro e fundición) e os metais non ferrosos. A continuación tedes as datas dos exames por cursos:
  • 2º ESO A luns día 4 de febreiro
  • 2º ESO B xoves día 7 de febreiro
  • 2º ESO BD venres 8 de febreiro

Propiedades dos metais

Premendo na imaxe que tedes a continuación accederás a unha páxina web onde se explican a través de animacións as propiedades dos metais