FELIZ NADAL

árbores con luces de Nadal

Xa estamos de vacacións, podemos pasear tranquilamente pola rúas das nosas cidades admirando o alumbrado navideño, disfrutamos decorando os nosos fogares e iluminando tamén a árbore de nadal pero todo ten a súa contra, o gasto enerxético durante estas datas increméntase notablemente e non só o notará o noso peto á hora de pagar o recibo da luz senon tamén o medio ambiente. ¿Será posible algún día que a iluminaciónn navideña sexa ecolóxica?
Algúns intentos estanse a facer, cada vez son máis as cidades que se apuntan a sistemas de iluminación con lámpadas LED que poden chegar a aforrar un 40 % de enerxía e que segundo algúns din, será a iluminación do futuro desbancando aos fluorescentes e as lámpadas de baixo consumo. Esperemos esta nova tecnoloxía estea pronto ao noso alcance, pero lembrade que o máis ecolóxico sempre é e será reducir o consumo.
Saber máis sobre o funcionamento das lámpadas LED