Invadidos por troianos


Un troiano anda pola rede do centro dando máis que un quebradeiro de cabeza.

Os troianos son un tipo de virus que se propagan a través dunha imaxe, música, un arquivo adxunto dun correo electrónico ou calquera outro elemento de apariencia inocente que baixemos da rede e que se instala no momento en que executamos o arquivo. Habitualmente este tipo de virus emprégase para espiar, con un troiano pódennse obter por exemplo contrasinais de acceso ao correo electrónica ou á banca online.

O termo "troiano" está inspirado na estratexia empregada polos gregos na batalla de Troia. Os gregos lograron entrar na cidade de Troia grazas a un gran cabalo de madeira con que agasallaron aos troianos. O que os troianos non sabían nin podían imaxinar é que dentro deste cabalo ían ocultos guerreiros gregos...(se queres continuar coa historia)
NON TE ESQUEZAS DE ACTUALIZAR O ANTIVIRUS E ANALIZAR O TEU COMPUTADOR!

COMO FUNCIONA UN DISCO DURO

Traballamos a diario con eles pero seguro que a maioría nunca se parou a pensar como funcionaba un disco duro. A continuación tedes un video onde se amosa o seu funcionamento. A que é impresionante a velocidade á que se move o cabezal?





Para os que vos quedou a curiosidade de saber máis sobre os discos duros aquí tedes un video creado por Alejandro Basurto e Víctor Soto. Por certo, non intentedes facer nada disto na casa ;-)

VISITA A TEAIS


O pasado mes de marzo o alumando de 2º ESO realizou unha visita á fábrica de TEAIS no Poligono de Sabón.
Dende aquí queremos agradecer aos responsables que non atenderon a súa atención e amabilidade e felicitar tamén ao alumnado que asistiu polo seu bo comportamento.

¿APAGAMOS AS LUCES AO IRES AO RECREO?

tubo fluorescente
Moitas veces temos escoitado que se temos tubos fluorescentes acesos non deberíamos apagalos se nos imos ausentar da habitación un breve período de tempo pois estes consumen máis cando se acenden pero... ¿é isto certo?

Propóñovos un pequeno problema que ten moito que ver co que estamos a dar estes días na clase.
¿Aforramos luz deixando os tubos fluorescentes acesos cando imos ao recreo?

Envía a túa resposta debidamente xustificada e os que deades coa solución teredes un agasallo.

Aquí van unhas pistas:
Un tubo fluorescente de 25W consume aproximadamente cinco veces a súa potencia cando se acende.
O tempo que dura o acendido son uns 3 segundos.
¿Canta enerxía consumirá cando se acende? e ................

¿UNHA VESPA ELÉCTRICA?

vespa eléctrica pregada e sen pregar
Xa temos aquí unha moto tipo vespa que abandonou o motor de explosión por un motor eléctrico, a finalidade: diminuir a contaminación tanto atmosférica como acústica, e por se isto fora pouco, é pregable así que se non tes espacio para aparcar ou queres facer parte do traxecto en tren non hai problema.

Para ler máis sobre o tema podes ir á seguinte ligazón: http://www.amazings.com/ciencia/noticias/040108e.html