¿APAGAMOS AS LUCES AO IRES AO RECREO?

tubo fluorescente
Moitas veces temos escoitado que se temos tubos fluorescentes acesos non deberíamos apagalos se nos imos ausentar da habitación un breve período de tempo pois estes consumen máis cando se acenden pero... ¿é isto certo?

Propóñovos un pequeno problema que ten moito que ver co que estamos a dar estes días na clase.
¿Aforramos luz deixando os tubos fluorescentes acesos cando imos ao recreo?

Envía a túa resposta debidamente xustificada e os que deades coa solución teredes un agasallo.

Aquí van unhas pistas:
Un tubo fluorescente de 25W consume aproximadamente cinco veces a súa potencia cando se acende.
O tempo que dura o acendido son uns 3 segundos.
¿Canta enerxía consumirá cando se acende? e ................